Absurdo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Absurdo
O que non ten sentido. Se entendemos por sentido a finalidade dun acto ou un obxecto, "aquilo para o que existe", o absurdo viría a significar a ausencia de tal finalidade. Se entendemos por sentido o significado dunha proposición, o absurdo denotaría a falta de concordancia entre o enunciado e o significado.

A filosofía do absurdo parte da constatación do absurdo da existencia, (absurda, xa que carece de toda finalidade prefixada), da carencia de finalidade da vida do ser humano, (segundo a primeira acepción do termo "sentido"); e xa que non hai unha finalidade, ou "un sentido" inmanente á vida, só queda postular a liberdade como o eixe sobre o que se ten que artellar a existencia humana.